
(…)
PATATÍN: Pero, ¡por suposto!, se quedan a gusto e queren repetir,
PATATÁN: ¡Paguen!
PATATÍN: ¡Paguen por vernos de novo porque ese é o noso desexo máis lúbrico nestas noites de vergoñante ridículo enriba dun escenario! ¡Que nos vexan ata fartarse, ata non poder mais, ata o suicidio, alá cada un coa súa conciencia e co seu tempo!
PATATÁN: ¡Iso si!,¡pasando sempre por caixa!
PATATÍN: ¡Pagando!
PATATÁN: Deixando os seus cartiños…
OS DOUS: (Petando nos seus petos) …¡aquiiii!, ¡¡qué carallo!!
PATATÁN: Non queremos esquecer o noso agradecemento á divina providencia por vivir nun país no que, de momento, non é necesario facer as cousas cinco minutos antes de que as podan ver os espectadores…
PATATÍN: …e advertimos, ñoras ñores, que seguindo ó pé da letra as directrices e/i/ou recomendacións da Conferencia Episcopal, por primeira vez na historia, para poder ver este espectáculo, as embarazadas…
PATATÁN: …incluso de tres meses ou menos…
PATATÍN: …porque para nós un fetiño é un ser humano desde o momento mesmo da súa concepción…
PATATÁN: …as espectadoras que dende o última regla teñan botado un cani, ou incluso feito o amor sen a protección adecuada…
PATATÍN: …todas esas damas que dende hai semanas levan o predictor gardado no bolso e unha maternal incertidume no máis fondo do seu corazón…
PATATÁN: ¡Teñen que volver pasar por taquilla!
PATATÍN: ¡As preñadas pagan doble!
PATATÁN: ¡Un feto, unha entrada!
PATATÍN: Pero tranquilas, porque no caso de que o predictor non se pinte de rosa no seu cuarto de baño, reintegrarémoslle o importe da entrada cando podan demostrar que lles baixou o seguinte período menstrual.
PATATÁN: Cremos que non fai falla explicar como.
PATATÍN: Gracias…
PATATÁN: Gracias e…
OS DOUS: ¡Gracias!
………………………………
Ese fragmento pertence á primeira escena de «Trafic: arroz mubi» ou «sabe dios cómo se entitula isto», texto adaptado para Patatín & Patatán Superproductions por Rubén Ruibal a partir do orixinal de Erik Cachuzo “Vida paixón e -¡casi! -morte de Patatán piloto”. Si, todo iso era o título dun disparate escrito con, por e para Patatín e Patatán alá polo ano 04 ou así.
Non sei como explicalo. O caso é que non deixo de sorprenderme de que o ser humano insista tanto na estupidez. Hai que lle botar un ollo a certas definicións legais nacidas hai séculos.
Patatín & Patatán, Cotino & Camino.
Volvo a recomendar o libro de Cipolla editado en galego por Rinoceronte.
O que non me explico é porque temos que ler/escoitar/ver estas cousas nos medios públicos. Bueno, o de Camps porque os valencianos, sabiamente, escollérono como presidente.
Imos patrás.